
Non hai moita volta que darlle. Veño de onde veño e son quen son, e para min o mar é o que é.
Hai tantos mares como persoas ou incluso hai máis mares que persoas, porque ao longo da vida un mar da lugar a outro, e mesmo poden coexistir diversos mares ao mesmo tempo nun mesmo e único corazón. E podes ter un mar no corazón, outro na cabeza e poñamos por caso outro nos riles, e mesmo hai quen ten un cento de mares nos cadrís.
E ademáis os mares poden combinarse entre eles, porque a maior parte son compatibles e atúranse ben os uns aos outros e mestúranse dando lugar a mares que non son xustaposición, nen intersección, nen unión dos iniciais, senon mares propios persoais e intranferibles cada un deles.
En definitiva, hai infinitos mares e sosteño que todos eles son respetables e dignos, ao fin e ao cabo de augas salgadas en todas as latitudes e ao longo e ancho da escala social.
Por eso, e porque confío na túa percepción tolerante e comprensiva poño ao descuberto o meu mar, o que mamei de neno e que non se representa mediante panorama de palmeira e sol no horizonte, nen imaxe branca de axencia de viaxes, nen da superficie nen do fondo.
O meu mar telo todo metido nesta foto, non é mellor nen peor que outros mares, pero é o meu polo que o proclamo aos catro ventos; por min mesmo, e sobre todo polos meus.
Porque sabes unha cousa:
Non hai moita volta que darlle. Veño de onde veño e son quen son, e para min o mar é o que é.
Foto de Ruth Matilda Anderson