June 24, 2009

Encontro Blogueiro Aberto de Cultura Marítima e Fluvial

As entidades integradas na Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial pulan pola defensa, socialización e posta en valor do patrimonio material e inmaterial da Cultura Marítima e Fluvial de forma organizada.
Unha das angueiras desde a creación da FGCMF é a difusión das actividades da propia FGCMF e das asociacións integrantes, e dunha visión aberta da cultura marítima e fluvial polo que o aproveitamento das novas tecnoloxías da información na consecución deste obxectivo dislúmbrase como unha ferramenta útil.
Actividade: reunírmonos para fomentar o mutuo coñecemento e o diálogo
Integrado no Programa de Actividades do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, convócase o ENCONTRO BLOGUEIRO ABERTO DE CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL, coa intención de fomentar o mutuo coñecemento e o diálogo entre todas as persoas que administrando blogs (ou calquer outra ferramenta interactiva de comunicación), constrúen e amplían o espazo na rede da Cultura Marítima e Fluvial.
Esquema do Encontro Blogueiro de Muros: ponencias libres e debate
1. A presentación do Encontro por parte do administrador do web oficial da FGCMF.
2. Intervencións das persoas participantes inscritas de non máis de dez minutos, expoñendo e compartindo aquelas consideracións da súa elección.
3. Debate entre as persoas participantes moderado polo webmaster de Culturamaritima.org.
4. Debate aberto ao público.
O Encontro Blogueiro de Muros é aberto podendo participar en calidade de ponente toda persoa que se teña inscrito debidamente.
Tamén poden participar persoas que manteñan na rede instrumentos de comunicación interactivos distintos aos blogs como poden ser foros, sitios web persoais, etc.
O tema das ponencias será libre desenvolvendo aspectos diversos da Cultura Marítima e Fluvial.
Lugar data e inscrición:
O Encontro Blogueiro de Muros celebrarase o Sábado 11 de Xullo ás 20 horas no TELECENTRO da Casa da Cultura de Muros, habilitada con conexión a Internet e un proxector que permita aos/ás ponentes apoiar as súas intervencións en imaxes obtidas dos ordenadores conectados á rede.
A inscrición realizarase mediante correo electrónico a través de encontroblogueiro@culturamaritima.org.
Organiza: Culturamaritima.org e Comisión do IX Encontro.

Nota: O habitante das Cirberadegas da Singradura da Relinga, O´Fartura, apenas é parte da identidade dixital do membro do Grupo que administra o blog. Este último, o de carne e oso, anda estes días e durante as vindeiras semanas metido en cambios de entidade que lle deixan escaso tempo para o lecer, e mesmo co acceso a internet limitado de tal xeito que moi ao seu pesar nos prolegómenos do Encontro de Muros, apenas ten posibilidade de actualizar a Singradura.
Amigas e amigos do espazo da cultura marítima e fluvial na rede, contodo xa estou inscrito no Encontro Blogueiro de Muros, que é unha cita a que baixo ningún concepto quixera faltar. Vémonos en Muros¡¡¡¡

0 comments: