Unha cuestión que era preciso resolver e definir con claridade foi a distribución da cuberta do Galeón de Abelleira. A decisión final do Grupo de Traballo do Galeón (Asociación de Veciños "A Ostreira" de Abelleira) foi dotar ao barco de cuberta corrida (aberta) sen introducir bañeira de navegación para o patrón ou patrona, dado que este é un elemento alleo á tipoloxía histórica ou tradicional dos Galeóns das Rías.
Xa están dadas as instruccións ao equipo de enxeñeiros de Gestenaval que recollerán este aspecto no proxecto que están a elaborar, de forma que avanzamos dando un paso importante sobre todo no que se refire a adopción do criterio xeral , que presidirá todas as decisión ao respecto que con seguridade haberá que tomar nun futuro, sobre o respeto ás solucións tradicionais na recuperación do barco, que é o mesmo que dicir poñer en valor o coñecemento herdado na Ría de Muros e Noia e no conxunto de Galicia, en materia de construcción naval e navegación froito de séculos de relación da nosa sociedade co mar.
Resulta destacable tamén que queda de manifesto a vocación profundamente democrática do Grupo de Traballo do Galeón e do asociacionismo billeirán, ao favorecer a participación na decisión xa non de todas as veciñas e veciños de Abelleira, senón mesmo de toda persoa interesada a través do uso das novas tecnoloxías, concretamente a través do Blog do Galeón de Abelleira que é unha ferramenta útil sen dúbida na medida en que facilita ampliar o espacio para a democracia participativa.
Foto: http://galeondeabelleira.wordpress.com/
De Vilaxoán
-
Houbo pasar un outono quente coma unha zorregada, un inverno frío coma un
morto e un entroido coma … un entroido, para nos ver de novo diante da nave
de *V...
1 hour ago


0 comments:
Post a Comment