No tecido económico do Freixo segue na actualidade tendo importancia a actividade dos asteleiros ubicados na localidade, dos que podemos destacar o feito de que non se tratan de "empresas de enclave", senón que son froito dunha longa tradición que asenta as súas raíces cando menos na Idade Media. Ata o punto que a actividade de construcción e reparación naval constitúen mesmo un elemento integrante da identidade colectiva compartida.
O Freixo está asentado no interior da Ría de Muros e Noia, protexido polo tanto das forzas dos ventos na invernía o que lle outorga personalidade. O Freixo ten nome de árbore e todas as persoas que por veciñanza temos a fortuna de coñecelo directamente, sabemos que a savia que o alimenta é auga mareira.
E ti dis que que a Ría de Muros e Noia é pequena, e eu digo que é todo un mundo e con toda unha vida para percorrelo.
P.D.: Agradecemento; Toño Mosquera do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito



3 comments:
Belos registos!
Ola Laurus:
Canto tempo¡¡¡
Muito Obrigado.
Um abraço.
BON NADAL A TODOS AMIGO-AS DA RELINGA. Felicidades e saludos desde Nueva York. Manuel
Post a Comment