February 20, 2010

O meu mar

Non hai moita volta que darlle. Veño de onde veño e son quen son, e para min o mar é o que é.
Hai tantos mares como persoas ou incluso hai máis mares que persoas, porque ao longo da vida un mar da lugar a outro, e mesmo poden coexistir diversos mares ao mesmo tempo nun mesmo e único corazón. E podes ter un mar no corazón, outro na cabeza e poñamos por caso outro nos riles, e mesmo hai quen ten un cento de mares nos cadrís.
E ademáis os mares poden combinarse entre eles, porque a maior parte son compatibles e atúranse ben os uns aos outros e mestúranse dando lugar a mares que non son xustaposición, nen intersección, nen unión dos iniciais, senon mares propios persoais e intranferibles cada un deles.
En definitiva, hai infinitos mares e sosteño que todos eles son respetables e dignos, ao fin e ao cabo de augas salgadas en todas as latitudes e ao longo e ancho da escala social.
Por eso, e porque confío na túa percepción tolerante e comprensiva poño ao descuberto o meu mar, o que mamei de neno e que non se representa mediante panorama de palmeira e sol no horizonte, nen imaxe branca de axencia de viaxes, nen da superficie nen do fondo.
O meu mar telo todo metido nesta foto, non é mellor nen peor que outros mares, pero é o meu polo que o proclamo aos catro ventos; por min mesmo, e sobre todo polos meus.
Porque sabes unha cousa:
Non hai moita volta que darlle. Veño de onde veño e son quen son, e para min o mar é o que é.
Foto de Ruth Matilda Anderson

6 comments:

Homesdepedra said...

Todos somos do que somos e vimos do que vimos. Pero os que levamos o mar dentro do peito, os que somos tan "salitrosos" que hasta parte da nosa sangue é auga salgada, os que nas meniñas dos ollos ténselle que reflectir cada pouco o azul manso, ou o gris tenebroso... Eses somos fillos do mar e calquera dos nosos avós ben podia ser o mariñeiro fisterran que sae nesa imaxe de Ruth Matilda.

Apertas Ramón e sigue escribindo sempre así de ben.

O´Fartura said...

Grazas polo cumprido amigho.
Ti levas no peito unha chea de mares vividos, centos de mares soñados no teu maxín e salitre fértil nas túas mans.
Por eso o teu cumprido é especialmente importante para min.
Por certo, sabes que agora estou comprometido no proxecto do galeón de abelleira e quedei cos compañeiros en preguntarche se estarías disposto a participar no proxecto.
Necesitamos xente cunha vision positiva sobre o mar, pero no teu caso o que necesitamos é un bo patrón para poder sacar o barco ao mar.
Pregúntocho eu porque me toca, pero por encomenda de todos que sen excepción están dacordo en percurar que te vincules ao proxecto.
Podemos contar contigo???

homesdepedra said...

Onde hai que ainar?????

homesdepedra said...

Perdon ASINAR

Laurus nobilis said...

Muito bonito!

Marieke said...

FANTÁSTICO TEXTO AMIGO FARTURA...