O vindeiro 14 de Agosto, coincidindo coa celebración das Festas do Carme da Vila de Esteiro, terá lugar a terceira edición da Regata de Canoas. Organiza a festa anual de dignificación da canoa como embarcación e das regatas a remos como tesouro cultural de fonda raigame o
Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito.As regatas celebraranse no Campo de Regatas da Praia de Parameán ás 5 da tarde, contando coa colaboración da
Asociación Deportiva Esteirana Remo,
Comisión de Festas de Esteiro e
Concello de Muros.
0 comments:
Post a Comment